XORNAL ESCOLAR

Masterchefs de pan e pizza

20171201110219140_result
photo_camera Un grupo de escolares moi aplicados amasando para realizar posteriormente deliciosas pizzas e pan que degustaron na merenda.

Foi, unha estupenda xornada chea de emocións e de aprendizaxe que a bo seguron non esquecerán nunca

Os escolares de 5º de Infancil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia continúan cunha intensa axenda de actividades lúdicas e educativas. Unha das últimas propostas na que participaron foi nunha aldea próxima a Xinzo, concretamente en Mosteiro de Ribeira. O primeiro dos obxectivos desta actividade fóra das aulas e do centro de ensino, era celebrar o magosto, pero o que ía ser nun primeiro momento a súa particular celebración do San Martiño, acabou converténdose nunha estupenda xornada de moito aprendizaxe.
Os escolares e as súas mestras, amasaron e coceron pan e pizza ao estilo tradicional, tamén visitaron o vello muíño restaurado que atoparon neste mesmo espazo da localidade, e por último, degustaron deliciosas castañas. 

Foi, en definitiva, unha estupenda xornada chea de emocións e de aprendizaxe que a bo seguron non esquecerán nunca. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar