CONCURSO

En marcha o IV Certamen Literario “Relatos de auga intelixente”

Dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos de centros educativos de Galicia, persegue contribuír á difusión da cultura da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura

A cuarta edición do Certamen Literario “Relatos de auga intelixente” convocado por Viaqua está en marcha. Desde a organización agardase superar os 561 relatos presentados o ano pasado. 

Dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos de centros educativos de Galicia nos que ten presenza a marca como empresa de xestión da auga, persegue contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura, así como á percepción que os alumnos teñen do concepto de cidade intelixente e auga intelixente. O certamen, ao igual que as dúas edicións anteriores conta con dúas categorías: Educación Secundaria e Bacharelato/FP, e se desenvolve durante o último trimestre do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción dos traballos. As bases poden consultarse na web  www.viaqua.gal.

Os participantes poderán presentar un máximo dun relato curto inédito en galego ou ben en lingua castelán, dunha extensión que non superará as 200 palabras con espazos e escrito en ordenador. Un xurado cualificador, elixido entre persoas da comunidade autónoma galega vinculadas á creación literaria, a comunicación e aquelas relacionadas co ámbito da auga e o medio ambiente, será o responsable do fallo que se producirá  nos primeros meses do vindeiro ano. O autor do relato curto gañador, en cada unha das categorías, se levará un iPAD mini, e o segundo clasificado, un libro electrónico. Tamén se contempla un recoñecemento ao centro educativo que presente o maior número de relatos de alumnos/as.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma