MOSTRA NO CAMPUS DE OURENSE

María Prada ‘pecha aspas’ na Sala Alterarte

20170426132637156_result
photo_camera María Prada presentou a súa exposición na Sala Alterarte.

“Pecha aspas” é o resultado de varios anos de complicidade e indagacións arredor da natureza da imaxe sobre papel e o valor do pregue

“Pecha aspas” é o resultado de varios anos de complicidade e indagacións arredor da natureza da imaxe sobre papel e o valor do pregue. Nesta mostra, con pequenos ensaios visuais realizados en paralelo á súa investigación doutoral, María Prada interrógase sobre a literalidade e a representación, experimentando con efectos de superficie”. Con estas palabras Anne Heyvaert, docente da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, presenta a exposición que leva por título “Pecha aspas »”, da creadora María Prada que estes días ocupa os muros da Sala Alterarte do campus de Ourense e da que é comisaria. 

A mostra dá continuidade ao proxecto expositivo da Sala Alterarte Estado Crítico 3. 10 curadores 10 artistas, que liga a docentes da Universidade de Vigo como curadores e a artistas emerxentes por eles elixidos para dar vida ao espazo de arte contemporánea do campus de Ourense ao longo do curso. Cada nova proposta, explicou durante a inauguración Xosé Manuel Buxán, director de Alterarte, muda o espazo desta sala ofrecendo unha proposta artística diferente, da que neste caso salientou “o protagonismo do papel e o xogo con el”. Pola súa banda, Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, fixo fincapé na ponte que tende esta sala entre os campus da Universidade de Vigo de Ourense e Pontevedra e como “permite rescatar xente valiosísima que temos nesta casa”. 

Te puede interesar
Más en Universitas