CONTAMINACIÓN

Medio Ambiente retirará 12 vertedoiros en Molgas

_nevera_result
photo_camera Verquidos nun dos puntos que serán limpados en Baños de Molgas.

A actuación, cun custe de 50.000 euros, contempla a súa revexetación

A Consellería de Medio Ambiente comezou onte os traballos de retirada dunha ducia de vertedoiros incontrolados no Concello de Baños de Molgas, dentro da campaña do goberno autonómico pola que se pretende acabar con 65 puntos localizados de acumulación de residuos, e para os que se investirá na súa limpeza e selado más de 400.000 euros.

No caso do municipio de Baños de Molgas, os elementos sólidos inservibles e amoreados polo monte foron localizados nos lugares de Quintas, Pereiro, Outeiro, Corgas, Lampaza, Portela, Martelo, Camiño do Viso, Amedo, Ínsua e O Penedo. A maioría do material que neles se atopa ten que ver con obxectos domiciliarios en desuso, pequenos restos de obras de edificación, así como vidros, plásticos e mesmo pneumáticos.

Os traballos engaden, amáis da retirada, a revexetación mediante o estendido de terra vexetal. Terán un custe de 50.000 euros.

Te puede interesar