XORNAL ESCOLAR

Os nenos avivan as tradicións de Nadal

Ourense. 15/12/17. Concurso de panxoliñas organizado polo concello de Ourense para escolares na praza maior.
Rosalía, Antía, Noa.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Rosalía, Antía e Noa estaban así de fermosas durante o certame. (Foto: Xesús Fariñas)

A concellería de Educación do Concello de Ourense organizou o I Certame interescolar de panxoliñas cidade de Ourense no que participaron seis centros de ensino

Co fin de manter vivas e dar a coñecer dun xeito lúdico e pedagóxico algunhas tradicións relacionadas directamente coas festas do Nadal, a Concellería de Educación do Concello de Ourense convocou o I Certame Interescolar de Panxoliñas da Cidade de Ourense. Previa inscrición, escolares e profesores dos centros de ensino de Ourense citáronse na Praza Maior da cidade para presentar os cánticos de Nadal que previamente prepararon nas aulas. 

Cada grupo, pertencente a un centro de ensino diferente, estaba integrado por un mínimo de 10 persoas, entre os que figuraban voces, instrumentos e tamén colaboraron os profesores. Os temas que presentaron ao concurso eran tanto tradicionais coma inéditos, dun máximo de tres minutos de duración e en directo.

Establecéronse dúas categorías, a primeira de Infantil, na que os participantes eran alumnos e alumnas de Educación Primaria; e outra xuvenil, integrado por escolares de Educación Secundaria. Tras as presentacións de todos os temas, o xurado, composto por profesorado da Escola Municipal de Música e persoal da Concellería de Educación tivo a dura tarefa de escoller as mellores panxoliñas entre todas as que se presentaron a concurso. O certame estableceu un agasallo de 200 euros en material escolar para os dous grupos seleccionados polo xurado, un por cada categoría.

Concerto na rúa

A Praza Maior de Ourense encheuse de ledicia e de vida coa celebración do I Certame Interescolar de Panxoliñas da Cidade de Ourense. Foi unha experiencia única para os participantes e magnífica para todos aqueles que acudiron á cita e para os viandantes que nese momento se atopaban neste espazo da cidade. Panxoliñas inéditas e tradicionais conformaron o repertorio dun concerto improvisado a cargo de escolares de Primaria e Secundaria que encheu cada rincón de espíritu navideño. O Nadal xa está en Ourense e proba delo foi este certame que na súa primeira edición superou todas as expectativas, tanto polo número de participantes como pola calidade dos traballos que presentaron os escolares, sorprendendo unha vez máis aos organizadores e a todos os que se detiveron a presenciar este magnífico recital.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?