actividades

Niñodaguia exalta a tradición oleira

OURENSE (Niñodaguia) Feira de Oleiros 11/08/2018. .Iago Cortón
photo_camera O evento cultural e etnográfico remata na xornada de hoxe.

O Museo da localidade, ubicada no concello de Xunqueira de Espadanedo, acolle durante este fin de semana o  V Encontro de Cacharreiros, unha cita a que acuden diversos artesáns de Pontevedra, A Coruña, Portugal e Ourense

A localidade de Niñodeaguia acolle esta fin de semana o seu V Encontro de Cacharreiros, unha cita na que participan unha decena de artesáns de diferentes partes de Galicia e Portugal e na que se ofrecen demostracións en vivo deste oficio, ademais de venda de pezas e divertidos obradoiros para os máis pequenos.

Na edición deste ano, a mostra conta coa colaboración dos oleiros Carlos Lima e Xana Monteiro, de Portugal; Enrique Cabana, de Niñodaguia; Cerámica castrexa de Castrolandín, de Cuntis; Susana González, de A Coruña; Antón Román, de Gondomar; Roberto Piñeiro, de Vigo; José Álvarez "O Buraco", de O Rosal; Rubén Berto, de Vigo; Agustín Vázquez, de Niñodaguia; e Adrián Pena, de Vigo. Pola feira pasan estos días decenas de visitantes para gozar das demostracións en directo, coñecer un pouco máis dun oficio que forma parte da historia da localidade e, quizais, levar a casa un recordo dos artesáns participantes. A cita remata hoxe, as 21,00 horas.

Te puede interesar