Explotación mineira

Noela Blanco critica o "silencio informativo" da Xunta sobre a mina de Man de Moura

"O goberno galego negouse a actuar en tempo e forma e perdeu unha oportunidade excelente para quitarlle aos veciños e veciñas esta preocupación", explicou a deputada socialista

A deputada socialista Noela Blanco criticou este martes o "silencio administrativo" do goberno de Núñez Feijóo sobre a explotación mineira de Man de Moura. Acusou á Xunta de negarse a comunicar a concesión e que afecta a tres concellos: Melón, Carballeda de Avia e Ribadavia.

"O goberno galego negouse a actuar en tempo e forma e perdeu unha oportunidade excelente para quitarlle aos veciños e veciñas esta preocupación", explicou Blanco. A deputada entende a "gran preocupación" dos veciños destes concellos ao non recibir a información pertinente sobre a decisión de tramitar a caducidade da explotación, o pasado 18 de abril, e aludir a un "colapso administrativo" para non trasladar estes datos "básicos para a cidadanía e os concellos".

Te puede interesar