Mocidade

Noela Blanco pide ao PP que a Casa da Xuventude recupere o seu papel como "faro da liberdade"

A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista reclamou recuperar o seu esquema orixinal , "suprimindo o posto de coordinadora de actividades, que desempeña agora mesmo Mercedes Valeiras, curmá de Alberto Núñez Feijóo".

A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou "o veto do PP a unha iniciativa socialista para recuperar a Casa da Xuventude de Ourense". Así o dixo no debate da proposición non de Lei do Grupo Socialista na Comisión de Política Social celebrada este xoves no Parlamento, que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

A responsable socialista reivindicou o papel da Casa da Xuventude como “faro da liberdade, a democracia e a participación da mocidade”.

Acusou ao goberno galego de converter a institución na “casa do PP” comezando coa “censura de actividades, excesiva burocratizacións, redución de espazos e mesmo instalación dun Punto de Encontro Familiar e da sede do programa Lidera na mesma habendo outros espazos específicos máis acaídos en Ourense”.

Blanco reclamou recuperar o esquema orixinal de funcionamento da entidade, "suprimindo o posto de coordinadora de actividades, que desempeña agora mesmo Mercedes Valeiras, curmá de Alberto Núñez Feijóo, e restituíndo as funcións da dirección do centro". 

 

 

Te puede interesar