CORRENDO VOU

Nova oferta de actividades gratuítas dirixidas

20170215100524093_result
photo_camera Un grupo de persoas usuarias realizando as novas actividades no pavillón universitario.

Técnicos deportivos da sala cardio fitness dirixen as propostas cada mércores

Xa non hai escusa para non estar en forma e gozar realizando algunha actividade deportiva. A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo presenta unha nova oferta de actividades gratuítas dirixidas polos técnicos deportivos da sala cardio fitness para as pesoas abonadas no pavillón universitario do Campus de Vigo. As actividades están á disposición das persoas que dispoñan da Tarxeta Deportiva Universitaria ou unha entrada multideporte de acceso á sala cardio fitness. Deste xeito, entre as novidades ás que poden optar as persoas usuarias están o circuit training, adestramento en suspensión, cross training, abdominais express e running.

Segundo confirma Paula Conde, xerente de Soon Management, empresa concesionaria das instalacións do CDU, a oferta “comezou en setembro e non finaliza ata xuño. É de balde e este cuadrimestre preséntase cheo de atractivas propostas deportivas, “ofrece un sistema de adestramento de forza e acondicionamento xeral baseado en exercicios funcionais realizados a unha alta intensidade”, sinala Conde mentras anima a todas as persoas usuarias a participar xa que “estes exercicios adáptanse en función das capacidades de cada participante, polo que o sexo ou forma física non son un impedimento para a realización dos exercicios”. Estas novas actividades realízanse os mércores, de 19.00 a 22.00 horas na sala cardio fitness do pavillón universitario do Campus de Vigo. 
 

Te puede interesar
Más en Universitas