SERVICIOS

Seis novos ordenadores para a biblioteca de Verín

infor_result
photo_camera Emilia Somoza, a concelleira, con Vicente Rodríguez, director da biblioteca.

O tempo de uso para labores de estudo é indefinido mentres que para uso ordinario de consulta estará restrinxido a unha hora por usuario.

O Concello de Verín vén de renovar os equipos informativos da Biblioteca Municipal da vila, logo de facerse necesaria esa substitución pola obsolescencia e frecuencia de uso dos anteriores, que impedían a correcta prestación do seu servizo público á cidadanía.

A concelleira de Cultura e Educación e Festexos, Emilia Somoza, visitou onte a biblioteca para comprobar o funcionamento dos novos equipos informáticos. Somoza quixo destacar que esta medida responde á demanda, cada vez máis ampla, dos usuarios que acoden ás instalacións municipais para usar este tipo de servizo. "Dende a concellería de Educación e Cultura consideramos fundamental garantir un acceso libre e gratuíto ás tecnoloxías da información e comunicación, tan necesarias hoxe en día tanto no ámbito educativo como laboral".

En total, instaláronse seis novos equipos informáticos completos que, cun investimento de 1.320 euros, contan con acceso gratuíto a internet, paquete completo de ofimática e escáner. Dous dos dispositivos están destinados a uso exclusivo de estudantes, mentres que os outros catro, ademais desta tarefa, tamén poden ser usados para consulta xeral.

O tempo de uso para labores de estudo é indefinido mentres que para uso ordinario de consulta estará restrinxido a unha hora por usuario.

Te puede interesar