Os profesores participaron no máster titulado "Fundamento del Aprendizaje Cooperativo", no colexio Santo Ángel de Ourense
As aulas do colexio Santo Ángel de Ourense foron este pasado sábado o punto de encontro de máis dun cento de profesores e profesoras do colexio ourensán e doutos centros de ensino calasancios. O obxectivo deste encontro foi a participación do profesorado no máster “Fundamentos del Aprendizaje Cooperativo”, titulado pola Universidade de Minesota.
Con este tipo de actividades queda claro que o estudo non só é cousa de nenos e no colexio Santo Ángel é unha prioridade que os seus profesores adquiran coñecementos cos que mellorarán considerablemente a calidade do ensino dos seus alumnos, ao tempo que avanzan cos tempos e se adaptan as técnicas de estudo actual, máis prácticas e participativas. A experiencia foi un éxito e os profesores están encantados con este tipo de actividades.