XORNAL ESCOLAR

Os piratas do Norte

20180601124014156_result
photo_camera Los piratas durante el río.

Explicamos curiosidades sobre a historia dos vikingos

Os vikingos, procedentes das frías rexións de Escandinavia, atacaron e conquistaron moitas partes de Europa. Pero tamén lograron ampliar os seus  asentamentos ata o chamado Novo Mundo, concretamente, ata América do Norte. Todo comenzou a finais do século VIII d.C., cando bandas de feroces guerreiros do norte comezaron a aterrorizar os pobos da Europa occidental. Estes mariñeiros e capacitados combatientes violaron, saquearon, asasinaron e escravizaron a pobos enteiros.

Estes exploradores natos, pequenos en número, crese que so existían dous millóns de vikingos en total, forman xa  parte da historia de Europa. Instaláronse sobre todo en diversas partes de Gran Bretaña e Rusia. Pero, ademais das cruentas batallas e os episodios máis tristes, foron os responsables da revitalización do comercio europeo tras o colapso e o bloqueo do Imperio Romano. O que coñecemos hoxe dos vikingos é que pertencían a tres culturas diferentes: os daneses, os noruegos e os suecos. A pesar de que proviñan de lugares distintos, estaban unidos baixo unha mesma lingua, cultura e  relixión pagana. En "Os vikingos"(1958) do director Richard Fleischer, o seu protagonista Einar (o grande actor Kirk Douglas) dá unha visión clara de que ademais uníalles unha sede insaciable de riqueza e gloria.


Primeras conquistas


Unha das primeiras incursións vikingas en Europa occidental tivo lugar en Northumbria, ao longo da costa norte de Gran Bretaña, por parte dos vikingos daneses. En menos de 50 anos, os vikingos lograron baixar, a través das vías fluviais, os ríos, a cidades como Rouen ou Nantes, en Francia. Navegaban, de dia ou de noite, en silencio polos ríos, a bordo dos seus célebres barcos, os drakkar (dragón).Portaban neles O estandarte do corvo, símbolo do deus da guerra, Odín. Os vikingos roubaban en igrexas e mosteiros, asasinaban homes e escravizaban  mulleres e nenos. Os ataques vikingos en Europa comenzaron a diminuír a partir do ao 1000 d. C.


O estandarte do corvo en Galicia


Entre os lugares que "visitaron" os vikingos daneses, foi Galicia que eles denominaban Jakobsland (Terra de Santiago). Primeiro atacaron as zonas costeiras de A Coruña( que eles chamaban Fár).E posteriormente, entre outras poboacións de Galicia, a illa de Arousa, Ribadeo, Fornelos, Santiago de Compostela, Camelle, Mondoñedo, Betanzos, Ribas de Sil, Catoira, Tui, etc...

Mentres que vikingos  os daneses se desprazaban polo Mar do Norte e o Canal da Mancha, o este europeo era para os vikingos suecos. Eles  percorreron o  Mar Báltico, viaxando polos profundos ríos do que hoxe é Rusia. Mesmo chegaron ata a capital bizantina de Constantinopla, actualmente Istambul. 
En Kiev, a capital de Ucrania, os vikingos estableceron colonias permanentes  e crearon unha nova cultura en aqueles lugares que nunca antes  tiveran vínculos de unión con Escandinavia.


Descubrimiento no Oceáno Atlántico 


A sociedade vikinga era moi dura, mesmo para si mesmos. As personas que eran rechazadas pola sociedade, xa fora por delictos como o asasinato, non tiñan máis remedio que buscar outro lugar onde vivir. Así é como moitos vikingos viaxaron moito máis alá de Europa, primeiro a Islandia e Groenlandia, como Erik o Roxo, ou  ata a costa de Canadá e Nova Inglaterra. Así foi como, baixo o reinado de Harald Fairhair, naceron as primeiras colonias vikingas en América do Norte polo fillo de Erik o Roxo,. Leif Erikson.
Ninguén sabe con certeza por qué os vikingos comezaron as súas  incursións na Europa occidental. Quizais o que necesitaban era máis terras, ou ben un desexo de fama e gloria. Cualquera que fose a razón, os vikingos axudaron a formar a sociedad europea, deixando atrás o mundo antigo e achegándonos á  Idade Media.


O guerrero número 13


Pero eles tamén recibiron visitas doutras culturas totalmente opostas como poderás visionar na película :" O guerreiro número 13" (1999) de Jhon McTierman. É  unha película de aventuras que narra a historia de Ahmad ibn Fadlan, alfaquí árabe expulsado da súa  terra tras unha relación amorosa coa muller dun importante home do califato. Como castigo,é enviado como embaixador do califa ante os pobos do norte. Alí  únese a un grupo de vikingos que se dirixen a defender a un pobo atacado por unha tribo de homes besta coñecidos como os Wendols. El será o guerreiro número trece do grupo vikingo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma