MAGOSTO

O outono cheira a castañas e magosto

sales_magosto_2017 (4)_result
photo_camera Un momento da merenda en Salesianos, onde ademais de chocolate e castañas degustaron doces preparados polas familias.

Nos centros de ensino, nos montes da provincia ou nos parques os escolares ourensáns sumáronse a celebración do magosto

Pasado xa o Samaín, o outono presenta unha nova celebración, o magosto. Nos centros de ensino, nos montes da provincia ou nos parques os escolares ourensáns sumáronse a esta celebración na que cada curso incorporan actividades paralelas para convertir este día nunha gran festa.

Non faltan as tradicionais castañas, producto estrela desta festa tan arraigada, que se complementa con chourizos, pan e refrescos. Os máis larpeiros incorporan chocolatada e confeccionan así un completo menú festivo. Non faltan tampouco as fogueiras que tanto se agradecen nesta época do ano. Os escolares gozan cada ano desta festa que serve para facer un pequeno alto na rutina escolar.

Obradoiros, decoración das aulas, xogos ou manualidades acompañan esta festa de outono e aportan un colorido especial aos centros de ensino de toda a provincia.

ESPECIAL MAGOSTO ESCOLAR Nas seguintes páxinas do Xornal Escolar recóllese unha selección dos magostos celebrados nos centros de ensino de toda a provincia. Son 24 páxinas a toda cor coas diferentes celebracións nas que tanto se divertiron alumnos e profesores.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar