Verónica Santalices y Feferico Welicki son parte de Oviravai e os encargados de tocar, ilustrar e crear música acompañados por outros artistas e personaxes moi especiais. Neste novo espectáculo incorporarán a un novo e moi particular personaxe: o Oso Aurelio
O vindeiro sábado, 15 de decembro, os nenos e nenas de Ourense teñen unha importante cita lúdica a partir das 17,30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun espectáculo para o público familiar e infantil denominado “Paio e o poder da música”, que correrá a cargo da compañía Oviravai. Verónica Santalices y Feferico Welicki son parte de Oviravai e os encargados de tocar, ilustrar e crear música acompañados por outros artistas e personaxes moi especiais. Neste novo espectáculo incorporarán a un novo e moi particular personaxe: o Oso Aurelio.
Ademais deste evento fantástico, Oviravai realizará tamén un pasarrúas pola cidade durante esta fin de semana, cantando, bailando e animando a todos os nenos e nenas a que se sumen á súa festa da música. Estade moi atentos e non dubidedes en unirvos á súa gran festa!