salud

Os pais da Uceira venden pulseiras para comprar un desfibrilador

O obxectivo é convertir o centro educativo nun espazo cardioprotexido ca instalación de un desfibrilador así como formar ao persoal 

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos A Uceira do colexio público Calvo Sotelo participa no proxecto salvavidas que é unha iniciativa pioneira na que colaboran o plan nacional de RCP (Resucitación Cardiopulmonar) e a Sociedade Española de Medicina e Seguridade no Traballo.

O obxectivo é convertir o centro educativo nun espazo cardioprotexido ca instalación de un desfibrilador e a formación de persoal para abordar unha serie de trastornos como a parada cardiorrespiratoria ou asfixia, entre outros.

A necesidade dun espazo cardioprotexido responde á gran cantidade de alumnos, profesores e persoal que pasa gran número de horas no centro. "Consideramos que previr é máis importante que lamentar, por iso, despois de falalo co centro e con persoal sanitario decidimos participar nesta iniciativa", apuntan membros da ANPA.

O proxecto consiste na venda de pulseiras solidarias para obter un desfibrilador e cursos de formación. O obxectivo é vender 1.000 pulseiras.

Os interesados en colaborar poden poñerse en contacto coa ANPA para conseguir a pulseira ou participar na venda das mesmas. 

Ademais, a asociación está contactando con diferentes establecementos comerciais e da hostalería do Carballiño para que participen na venda das pulseiras.

Te puede interesar