COLE A COLE

Un pasaporte de humanidade

16.11.16.OURENSE.CONCELLO.VISITA ALUMNOS SALON DE PLENOS.LECTURA MANIFESTO E SOLTA DE GLOBOS.
photo_camera Na plaza do Concello de Ourense os estudantes do CEIP Mestre Vide conmemoran os dereitos dos nenos e nenas.

Os estudantes de sexto de primaria do CEIP Mestre Vide prepararon un manifesto sobre os dereitos dos nenos e as nenas que leron no Concello de Ourense

Un ano máis os docentes contan cos recursos e actividades que ofrece Unicef Comité Español. Estas actividades contribúen á aprendizaxe en valores, ao coñecemento do mundo, ao desenvolvemento de competencias crave e ao fortalecemento de actitudes de cidadanía responsable e defensa dos dereitos humanos. 

A guía "Pasaporte de humanidade" ofrece ideas e ferramentas para poder abordar na aula os dereitos dos nenos e nenas migrantes e refuxiados. No CEIP Mestre vvide levaron a cabo esta actividade onde o pasaporte é "un reflexo do noso dereito á identidade, do noso dereito a unha nacionalidade, da nosa cidadanía e da posibilidade que todas as persoas temos de viaxar, desenvolvernos e buscar novas oportunidades". 

Esta actividade comezou, semanas antes, na aula cunha reflexión sobre os dereitos da infancia e posteriormente expuxeron os dereitos dos nenos e nenas para conmemorar o Día Mundial da Infancia. 

Os escolares de sexto de primaria do CEIP Mestre Vide ocuparon os escanos dos políticos para expoñer as súas peticións e ler o seu manifesto para mellorar as condicións de vida dos nenos en todo o mundo. Con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro, os estudantes protagonizaron un pleno sobre a Convención dos Dereitos dos Nenos. 

Os escolares ocuparon os escanos dos políticos para expoñer as súas peticións para mellorar as condicións de vida dos nenos en todo o mundo. "Todos os nenos teñen dereito a vivir en paz, a non ser reclutados como soldados e recibir protección oficial no caso de ser refuxiados ou vítimas dun desastre natural". "Hai que denunciar a explotación, é dicir, favorecer a integración e amosar solidaridade coas persoas con discapacidades". "Tamén teñen dereito a seren protexidos contra a realización dun traballo que os poña en perigo". Estes son algúns dos dereitos que todos os nenos posúen e para que se cumpran 50 alumnos do colexio Mestre Vide tomaron os escanos do Concello de Ourense. Reflexionaron sobre o dereito á educación, a unha vida en familia, a estar protexidos da violencia, da explotación e sobre o deireito a ser escoitados. En colaboración con Unicef todos os asistentes remataron a actividade cunha solta de globos para conmemorar o Día Mundial da Infancia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar