CARBALLIÑO

A Pepa Loba, corais, bandas e orquestras animarán a festa

Ás 00,00 horas será a gran tirada de fogos na explanada da entrada do Parque municipal.

A Feira de Artesanía Pepa Loba abriu onte os postos de venda na Baixada de Flores. Foi a primeira das tres xornadas adicadas a famosa bandoleira e nesta edición tamén ás bordadoras da rúa Carreira. Para hoxe está prevista a representación da chegada da Pepa Loba ao Carballiño e tamén á feira de Flores. Máis de 30 personaxes recrearán a historia, contando co grupo de teatro Tiruleque e numerosos voluntarios, ademais de 15 Felos de Garabás, que percorrerán o centro da vila nas súas monturas xunto coa cuadrilla da Pepa Loba, a partires das 18,30 horas, desde a Praza Maior. A festa continuará despois no barrio de Flores con moitas sorpresas, segundo manifestaron os membros de Tiruleque.

Hoxe tamén se celebra o Feirón do San Cibrao, unha das feiras máis importante do ano no Carballiño, e dentro da programación das festas cóntase coa actuación de catro corais: Orfeón do Carballiño, Casablanca de Vigo, Coro de Cámara do Club Artístico e Coral Polifónica Ecos do Avia. Ademais, estarán a banda A Lira de Ribadavia, un grupo de gaitas, a charanga Doctor Anchoa, o Grupo Claxxon e Le Suite Band.

Ás 00,00 horas será a gran tirada de fogos na explanada da entrada do Parque municipal.

A banda de música A Lira de Ribadavia ofrecerá ás 12,00 horas, na Praza Emilia Pardo Bazán, un gran concerto de zarzuela co acompañamento do Orfeón do Carballiño, do Coro de Cámara Club Artístico e a Coral Polifónica Ecos do Avia. E ás 20,00 horas, no Auditorio, actuará a Coral Casablanca de Vigo.

Te puede interesar