XORNAL ESCOLAR

As peticións preséntanse no pleno

pleno6_result
photo_camera O alumnado de 6º de Primaria permaneceu moi atento durante o pleno.

Escolares de Barbadás acudiron ao Concello e exerceron por unhas horas de concelleiros e concelleiras

Escolares de 6º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro convertíronse por unhas horas en concelleiros para debatir diferentes mocións nos plenos infantís organizados durante dous días pola Concellería de Educación. Entre os temas que máis preocupan os escolares está a construcción dunha piscina cuberta, un carril bici ou unha pista de skate.

Tamén plantexaron outras iniciativa como a implantación de talleres creativos, a creación dunha horta urbana na Valenzá ou a creación dun zoo no monte dos Castros. Foron polo tanto dous plenos do máis intensos, con moitos temas a debater, pero eso si, todos e todas realizaron as súas peticións demostrando un gran respecto e saber facer ante as exposicións dos seus compañeiros e durante os debates. Finalmente, case a todalidade das mocións foron aprobadas por maioría.

Con este tipo de iniciativas, o que se pretende é que os escolares coñezan de preto o funcionamento do Concello e tamén teñan a oportunidade de presentar as súas peticións. O primeiro dos plenos presidiuno o tenente alcalde, Xosé Manoel Fírvida, en tanto que o segundo pleno presidiuno o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma