PROGRAMA

Poñendo título ás obras de Seidel

photo_camera Un grupo de escolares moi aplicados en porlle título ás obras de Seidel.

O alumnado do colexio santo ángel deixaron voar a imaxinación ante a colección "Tempo", de Isabell Seidel

O programa Xornal Escolar de Telemiño non faltou á exposición "Tempo", de Isabell Seidel e quixo compartir a visita cos escolares do colexio Santo Ángel. O grupo de nenos e nenas que visitaron a colección da artista alemana quedaron abraiados cos magníficas obras das que foron testigos. María Doallo, Doe, foi a guía que se encargou de presentar a colección aos escolares e amosou unha magnífica capacidade á hora de adpatarse aos máis cativos para presentar este traballo artístico. Tanto é así que os cativos estiveron moi atentos desde o primeiro minuto ás explicacións da guía, formularon todo tipo de preguntas e a súa actitude foi en todo momento do máis participativa. 

Doa faloulles dos segredos da pintora e un dos momentos máis divertidos foi cando animou aos cativos a poñerlle título ás obras de Seidel. Tamén lles propuxo explicar o que observaban en cada uno dos cadros e os nenos deixaron voar a súa imaxinación e sorprenderon con abraiantes respostas. De todos estes momentos, do ben que o pasaron os cativos e o moito que aprenderon nesta actividade educativa pero á vez divertida, se centrará este sábado o programa Xornal Escolar de Telemiño, que se emite a partir das 14,00 horas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar