ORZAMENTOS

O PP saca adiante en solitario as contas de Xinzo para 2017

O goberno municipal veas 'ben razoadas' e a oposición cre que non solucionan os problemas da vila 

O pleno que celebrou onte a Coorporación Municipal de Xinzo estivo rexido por un intenso debate entre o grupo municipal e os da oposición, que votaron todos en contra dos orzamentos propostos. Finalmente, o Goberno municipal xestionará un presuposto de oito millóns de euros, que foi calificado como "ben razoado" polo portavoz do PP, Manuel López Casas.

Así, Manuel Pérez Campos, portavoz de Xinzo Adianten (XA), quixo saber como se xustifica a reducción dos gastos de persoal en 700.000 euros con respecto ao ano pasado, xa que aínda que se supriman as catro prazas estimadas, cómpre ter tamén en conta a anulación da redución salarial dos traballadores laborais. Manuel Pérez Campos concluíu que "non nos cadran as contas". Dende este grupo botan tamén en falta a promoción de alternativas laborais para evitar o despoboamento do concello e declaran que estes orzamentos "non van solucionar os problemas de Xinzo".

O PP indicou que dende o 2011 foron 20 as grandes empresas que se asentaron no polígono. Porén, a portavoz do PSOE, Elvira Lama Fernández, sinalou que mentres se abren grandes superficies, séguense pechando pequenos comercios da vila. A este respecto, dende XA sinalaron que "debería haber unha partida nos orzamentos dedicado ao fomento do pequeno e mediano comercio". O alcalde replicou que o Concello só debe axudar, mais non ten que "mobilizar todo o comercio".

O portavoz do BNG, Ramiro Rodríguez Suárez, sinalou que se estaban debatindo uns "orzamentos continuístas" e que neles hai unha gran "falta de proxecto" para a vila.

Outro dos grandes puntos debatidos foi o investimento, que suma 500.000 euros. O PSOE denunciou a falta de transparecia, xa que "non se sabe onde se van invertir" estes cartos. A esta crítica sumáronse o resto de grupos da oposición, alarmados pola falta de concreción.

Te puede interesar