Os Premios Mestre Mateo 2010 xa teñen candidatos

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer onte, na rolda de prensa que tivo lugar no Palacio de Exposiciones Kiosco Alfonso da Coruña, a listaxe definitiva de nominados aos Premios Mestre Mateo 2010, que serán entregados o próximo 16 de abril no Auditorio de Ourense. O acto estivo presidido pola actriz e vogal da xunta directiva da Academia, Rosa Álvarez, á que acompañaron na lectura a actriz Camila Bossa e o actor Rubén Riós.
A esta edición de 2011, onde se entregan os premios aos mellores proxectos desenvoltos de 2010, presentáronse 130 traballos, 330 profesionais e 103 produtoras. Segundo valoracións de Rosa Álvarez, é unha das convocatorias nas que máis propostas se recibiron, o que pon de manifesto a boa marcha da industria en Galicia.

No apartado de longametraxes resultaron nominadas: '18 comidas', producidad por Tic Tac Producciones, Zirzozine, Lagarto Cine e TVG; 'Crebinsky', de Control Z, Wévere Visión e Zircozine; 'Retornos', de Vaca Films, Zed Filmes, Patagonik Fim Group e TVG, e 'The Way', de Produccións a Fonsagrada, Castelao Pictures, Castelao Productions, Filmax Animation e Elixir Films.


ACTORES E ACTRICES

No apartado de intepretación masculina protagonista foron elexidos pola Academia Galega do Audiovisual Antonio Durán 'Morris', pola súa interpretación en 'Padre Casares'; Luis Iglesia B., por 'Matalobos'; Miguel de Lira, por 'Crebinsky', e Xavier Estévez, por 'Retornos'. Na interpetación feminina as candidatas son Carolina Vázquez, por 'Matalobos'; Luisa Merelas, por 'Matalobos', Manuela Vellés, por 'Retornos', e María Vázquez, por 'Mar Libre'.

Te puede interesar