Presentación en Vilar de Santos dun proxecto de música portuguesa

Veciños e visitantes deste municipio limián poderán escoitar aos promotores da iniciativa a partir das 20,00 horas da tarde.

Este sábado, día 3 de decembro, preséntase no local cultural A Arca da Noe, sito en Vilar de Santos, o proxecto "A música portuguesa a gostar dela propia". Trátase dunha iniciativa creada no pasado ano 2011 por Tiago Pereira e que ten por obxectivo a conservación e difusión do patrimonio vivo do país veciño. Concretamente, procúrase ensalzar e aportar visibilidade á tradición oral, as cantigas, os romances, os contos, a música, a danza e a gastronomía do Portugal.


Veciños e visitantes deste municipio limián poderán escoitar aos promotores da iniciativa a partir das 20,00 horas da tarde.


A asociación conta xa con más de 100.000 seguidores nas redes sociais, a través das cales difunden, a toda a comunidade lusófona, proxectos culturais de toda índole. Defínense coma un "proxecto artístico que difunde vídeos de prácticas musicais pouco coñecidas" e a partir desta fin de semana, comezan a se dar a coñecer no sur de Galicia con esta presentación en sociedade en Vilar de Santos. Aqueles que desexen coñecer o proxecto poden facelo na súa páxina de Facebook.

Te puede interesar