PROGRAMA

O programa máis terrorífico do curso

O Picouto (Ramirás). 31/10/17. Reportaxe sobre a celebración do Samaín no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos nas escaleiras que tamén decoraron con motivos terroríficos.

O xornal escolar de Telemiño,  empapouse do ambiente festivo do colexio de Ramirás nunha xornada de  auténtico medo

O CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás abriu as súas portas para recibir ás cámaras de Telemiño e compartir cos telespectadores do Xornal Escolar o que é a súa festa máis importante, o Samaín. O sábado, a partir das 14.00 horas poderedes ver como o pasaron os escolares e profesores de Ramirás nesta celebración na que non falta nin un detalle. O paso polo túnel do terror foi un dos momentos máis divertidos da gravación, xa que nos rostros do escolares se podía ver unha mistura de medo, diversión, ledicia e curiosidade que tan divertido resulta para os que son testigos destas imaxes. Os alumnos máis atrevidos explicaron ante as cámaras o que supuña para eles esta gran festa, todas as actividades nas que participaron e o ben que o pasaron nesta xornada festiva na que se implicou toda a comunidade educativa. Rematada a gran festa do colexio, xa están a pensar na do vindeiro curso e os escolares saben que volverán a ser sorprendidos e eso aínda os mantén máis expectantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma