CEIP DE PUNXÍN

Protagonistas da súa propia aprendizaxe

Os escolares do ceip de punxín están a elaborar un blog onde comparten todos os seus traballos e curiosidades

Once escolares de Infantil e Primaria conforman este curso o alumnado do CEIP de Punxín, un centro de ensino singular, tanto pola súa ubicación, nunha magnífica construción doada por emigrantes no ano 1923 para ser un centro educativo, como pola súa metodoloxía, baseada en proxectos, na aprendizaxe interactiva e na participación activa do alumnado en todo o proceso de ensino.

O entorno no que está ubicado o centro é fundamental para a comunidade educativa do colexio. Tanto profesores, como pais e alumnos participan en numerosas actividades ao aire libre e adquiren coñecementos in situ, esto é se están a estudar os froitos do outono, acoden ao campo para ser testigos directos do que lles brinda a natureza nesa época do ano. Trátase así dunha aprendizaxe do máis amena e efectiva xa que o que os escolares descubren, froito das súas inquetudes e curiosidades é máis doado de memorizar e non esquecer.
Este curso escolar, os escolares de Punxín, xunto á súa mestra Mariam, están inmersos nunha nova e interesante actividade educativa.

Trátase da elaboración dun blog. Trátase dun espazo de participación activa do alumnado no seu proceso de ensino-aprendizaxe, no que os escolares van publicando pequenos artigos relacionados coas dúbidas que lles surxen na aula. No momento no que eles lle plantexan unha pregunta á súa mestra, esta pídelles que investiguen e procuren atopar eles mesmos a resposta cos recursos que dispoñen e sempre que o precisen coa axuda da profesora. Unha vez obteñan a resposta, deben escribir un pequeno artigo para publicalo no blogue e explicarlle así aos seus compañeiros todo o que aprenderon. 

O blog resulta tamén unha magnífica ferramenta no que se publican outros traballos que realizan durante o curso na aula, así como todo o que os cativos queiran escribir por iniciativa propia.

O blog é polo tanto un traballo de todos e para todos. Os once escolares do centro escriben e aportan ideas e cousas interesantes, dende os nenos de 4 anos ata os de 11, polo que hai aportaciones moi interesantes.
A finalidade educativa deste blog é que os alumnos sexan protagonistas do seu propio aprendizaxe, como afirma a súa mestra "é importante amosarlle aos alumnos facer, na vida non sempre van ter a alguén que lles facilite todas as respostas e por eso é interesante que conten cos seus propios recursos para atopalas por eles mesmos, potenciando así tamén a autonomía e a creatividade", sinala Mariam. 

O blog é tamén para os escolares unha fonte de motivación xa que se tratarán todas as temáticas que eles propoñan e o feito de ver os traballos publicados gústalles moito. Pretende tamén ser unha fiestra aberta ás familias e á comunidade educativa en xeral, onde todos poidan ver o traballo dos nenos e nenas na aula e no que tamén poden participar activamente cos seus comentarios e propondo ideas para publicar, en definitiva, é un espazo aberto a todos e do que todos se enriquecen.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma