PHOTOCALL

Quilómetros pola solidariedade

XINZO DE LIMIA (CEIP CARLOS CASARES). 30/01/2018. OURENSE. Carrera infantil organizada en el CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia celebrando el Día de la Paz. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Un grupo de escolares do CEIP Carlos Casares durante a carreira.

Con motivo do Día da Paz, o CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, en colaboración coa ONG Save the Children, organizou a carreira "Quilómetros pola Solidaridade"

A celebración do Día da Paz no CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia foi este ano moi especial. Colaboraron coa ONG Save the Children e participaron na carreira que se inclúe no programa educativo “Quilómetros pola Solidaridade”.

Días antes da carreira, a cada alumno e alumna do centro lle entregaron un carné de corredor, onde se explicaba parte da labor que a ONG está a realizar en Sudán do Sul, axudando con alimentación, vacinas ou atención médica. Co carné xa na casa, o que fixeron os nenos e nenas e buscar entre os seus familiares a patrocinadores, que se encargaron de doar unha cantidade simbólica para esta causa. Tras anotar esta cantidade en cadanseu carné, os escolares o levaron ao colexio o día da carreira.

Onte foi o gran día e todos os nenos e nenas do centro acudiron co carné e o aportado polos patrocinadores á gran cita. A carreira partiu do propio colexio cara ao Concello. Perfiláronse dúas rutas, unha de máis quilómetros para os maiores e outra máis curta para os cativos.

As aportacións que todos os patrocinadores lle fixeron aos nenos e o recadado polos profesores ingresarase agora nun número de conta proporcionado por Save the Children. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?