A provincia acolle hoxe un rosario de actividades para homenaxear a María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas. Unha estremeña que viviu "unha historia de amor" co idioma de Rosalía tras afincarse en Galicia.
A provincia de Ourense homenaxea hoxe a María Victoria Moreno (1939-2005). A cuarta muller que protagoniza o Día das Letras Galegas naceu en Estremadura, e tras instalarse en Galicia comezaría unha "historia de amor" –nas súas propias verbas– co idioma de Rosalía de Castro, que a levaría a desenrolar a meirande parte da súa obra en galego. No seu recordo, actividades de todo tipo, facendo fincapé nos máis pequenos, o futuro do idioma, e aos que a homenaxeada adicou os seus maiores esforzos creativos, con fitos coma o libro "Anagnórise".
OURENSE
18:00 (Punto e Coma); contacontos con Iseo Agilda "Contando a María Victoria Moreno".
18:00 (Penouzas); representación teatral "A festa do faiado". Tamén está programado baile tradicional por "Mazarico". Participa o o alumnado de 2ºA do CEIP Seixalbo.
ALLARIZ
18:00 (Praza Maior); Contacontos con Pedro Brandariz, que presenta o seu espectáculo "O Cataventos".
19:00 (Praza Maior); Acto poético e musical.
20:00 (Fundación Vicente Risco); Concerto de Zumaque Trío.
A POBRA DE TRIVES
17,00 (Parque da Praza de Abastos); "Pintar en galego... mola".
A RÚA
18,00 (Centro Cultural Avenida); Representación da obra teatral "Retrincos".
O BARCO
20,30 (Praza Maior); "A Festa das Letras", un espectáculo con textos da literatura galega, con actores e músicos locais.
VERÍN
19,00 (Auditorio); gala músico-literaria. Nela recitaránse os poemas gañadores do certame de poesía Xosé Carlos Caneiro e do certame de relato curto Antonio Fernández Pérez.
XINZO DE LIMIA
18:00 Praza Maior; Actuación de danza galega.