XORNAL ESCOLAR

"La Región Escolar", un traballo xornalístico moi creativo

20180611142202250_result
photo_camera Os autores de "La Región Escolar" posan co seu traballo o día que saiu publicado como finalista.

Os autores do Xornal foron os alumnos e alumnas de 3º de ESO do colexio Padre Feijoo Zorelle

"La Región Escolar" é o resultado de moito traballo, esforzo e imaxinación. Esta combinación plasmouse perfectamente no xornal eslaborado polos alumnos e alumnas de 3º da ESO do colexio Padre Feijoo Zorelle. Con moita ledicia e entusiasmo, así recibiron a nova de que eran os gañadores. Non deixaron de aplaudir ao tempo que xa preguntaban cal sería o seu premio. 

"La Región Escolar" é o resultado dun traballo conxunto que comezou coa elección das seccións que ocuparían as catro páxinas e o posterior reparto do traballo entre os alumnos. Na toma de decisións fomentouse o traballo cooperativo, xa que os escolares participaron activamente, eso si, sempre baixo a supervisión das profesoras que actuaron de guías durante todo o proceso. Unha vez dividido o traballo, os alumnos empregaron diversas ferramentas de procura de información. Cando xa tiñan toda a información seleccionada, recopilaron aquela que podía resultar máis interesante para o seu traballo. Nas seguintes sesións, traballouse activamente na elaboración do xornal.

O proxecto Erasmus+K1 "la educación inclusiva para nuestra escuela del S.XXI", os traballos “Reinventemos juntos una escuela para tod@s”, a participación nas Tertulias Literarias ou a excursión a San Cibrao de Lás foron algunhas das novas nas que se centrou o xornal. O último paso foi editar o xornal para o que contaron en todo momento coa opinión de todos os alumnos, un grupo que amosou unha magnífica disposición á hora de emprender este traballo e moita creatividade. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?