Davide Rodríguez Estévez, vén de solicitar, co respaldo do seu grupo parlamentar, o arranxo, de xeito urxente, das "pistas, cunetas e pasos de auga" no monte de Valdeguas,
O deputado ourensán da formación En Marea, Davide Rodríguez Estévez, vén de solicitar, co respaldo do seu grupo parlamentar, o arranxo, de xeito urxente, das "pistas, cunetas e pasos de auga" no monte de Valdeguas, xestionado pola comunidade de titulares da aldea da Trepa, en Riós.
Segundo afirman na proposición non de lei rexistrada para o seu debate no Pleno da cámara autonómica, "a Xunta de Galicia encargoulle a Tragsa, S.A. a encomenda da eliminación da madeira queimada dese monte, onde o estado das pistas previo á entrada da maquinaria estaba en perfectas condicións. O día 31 de marzo de 2018, nunha visita feita polos comuneiros, puido observarse como as pistas están nun lamentable estado, dende fundidos e fochancas ata cunetas destrozadas (...)", sinalan na proposta rexistrada.