POLÍTICA

Ribeiro en Común pide novo goberno para Ribadavia

RIBADAVIA (CASA DO CONCELLO). 25/01/2018. OURENSE. Sesión de pleno ordinario en la Casa do Concello de Ribadavia. Se debate un punto sobre la aprobación de los presupuestos de 2018 que finalmente queda rechazado. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Un momento do pleno que celebrou a Corporación o pasado xoves,

A executiva do PSOE ourensán reclama ás  forzas de esquerda que "apuntalen" a Gómez 

O grupo municipal de Ribeiro en Común, do Concello de Ribadavia, reclamou onte a formación dun novo "goberno de transición e progreso" para Ribadavia. Logo de anunciar o alcalde, o socialista Ignacio Gómez, que se someterá a unha cuestión de confianza, ao non conseguir sacar adiante os presupostos para 2018, Ribeiro en Común considera que o Concello ten a oportunidade de rematar do despotismo local e a ditadura da mentira tan cruamente encarnada no actual alcalde".

Esta agrupación di que rexeitou a proyecto de presupostos porque "o alcalde traicionou nestes dous anos e medio os compromisos adquiridos con Ribeiro en Común e cos grupos da oposición, rachando os acordos e o diálogo".

Argumentos moi semellantes aportaba o BNG ao xustificar a súa oposición ás contas que presentou o goberno municipal, ao que censura a súa "falta de xestión, de compromiso con Ribadavia e de proxecto político, así como da desconfianza no goberno para que as nosas achegas cheguen a realizarse".

Pola súa parte, a executiva provincial do PSdeG-PSOE amosou onte "de xeito unánime e contundente, o seu aopio ao alcalde de Ribadavia". Así mesmo, manifestou a súa confianza en que "as restantes forzas de esquerdas con representación na corporación municipal continúen a apuntalar este proxecto municipal".

Te puede interesar