PARTIDOS

Ribeiro en Común propón ao pleno unha baixada do IBI

O portavoz, Brais Fidalgo, considera ademais que a bonificación para os bens inmobles urbanos situados no Conxunto Histórico Artístico debería ser do 95%

O grupo municipal de Ribeiro en Común propón nunha moción que o Concello de Ribadavia realice unha baixada no tipo de gravame do IBI, coa modificación da ordenanza fiscal, reducindo os tipos do actual 0,6% para os bens inmobles de natureza urbana ao 0,4%. Tamén solicita que se aprobe o máximo permitido de bonificación do 90% para os bens inmobles de actividades agrícolas, gandeiras e forestais, e para as familias numerosas.

O portavoz, Brais Fidalgo, considera ademais que a bonificación para os bens inmobles urbanos situados no Conxunto Histórico Artístico debería ser do 95%.

Entre outras propostas, pide a creación dunha comisión co obxectivo de estudar ferramentas que beneficien e minoricen o agravio que sufriu a veciñanza nos dous últimos exercicios (2015 e 2016) para pagar os atrasos do IBI de catro anos. 

Te puede interesar