Opinión

Romper a rutina

O ser humano é un animal de costumes. Temos a rutina como o acubillo da comodidade. Toda unha vida escribindo sobre os paniños de papel que poñen nas mesas ou nas barras das cafetarías e, agora, xa levaba un tempo, quizais incluso uns anos escribindo na casa e no propio ordenador. Ás veces é bo cambiar a rutina. Como cando un viticultor pilla uns días de auténticas vacacións. Agora mesmo escribo sobre un pano de papel que teño nunha mesa dunha terraza dun café da Valenzá. Quizais estivese mellor dentro (polo asunto do aire acondicionado), porque quentar quenta de raio. Levamos xa dous dúas batendo o récord no máximo de España en cuestión de temperaturas. Hoxe imaxino que será o terceiro, porque creo que aínda vai máis calor que onte e antonte. Ourense é como é. Todos os anos e por varias veces batemos o récord. Para que despois digan que en Galicia sempre chove. Pois si, estou rompendo a rutina. Súo, pero escribo igual. Certo que o brazo dereito pégase sobre a mesa. Puiden saír máis tarde da casa, pero xa estaba aburrido de estar nela. Sempre mo dixo miña nai: “en ti non cae a casa, oh”. Intento que iso non suceda. Non quero morrer esmagado por unhas tellas.

Te puede interesar