EVENTO

Santa Mariña durará máis días e chegará a todos os barrios limiaos

img_5120_result
photo_camera José A. Parente e Julio Martínez son os encargados da organización.

A presentación oficial terá lugar este venres no Salón de Plenos do Concello limiao

A comisión das festas patronais de Xinzo, as de Santa Mariña, ultima estes días os preparativos do evento de cara á súa presentación oficial que terá lugar mañá venres, ás 11,00 horas, no Salón de Plenos do Concello limiao. 

José Antonio Parente e Julio Martínez, os portavoces da organización, adiantaron algunhas das novedades previstas para esta edición, que durará máis días que outros anos -do 17 ao 22 de xullo- e que pretende facerse extensiva a todos os barrios con actividades diarias nas diferentes zonas da vila. "Queremos dinamizar o pobo e que a festa chegue a todos os recunchos de Xinzo. Haberá atraccións para nenos, tanto hinchables como festa da espuma, na Telleira, no Polígono e no Toural; e se celebrará, por primeira vez, a Festa Popular de Santa Mariña tamén no Polígono e grazas á Agrupación Musical da Limia. Nela haberá actividades culturais e charangas", adiantou Parente. "Este ano teremos como principal orquestra a Olympus, que actuará na Alameda de O Toural o martes 17", engadiu o organizador. 

Os actos litúrxicos propios da celebración serán o mércores 18 e, o xoves día 19, actuará na praza Carlos Casares o acordeonista vasco Kepa Junkera. 

A música tradicional galega terá un protagonismo especial este ano xa que o cuarto Festival Internacional de Bandas de Gaitas Vila de Xinzo celebrarase o sábado, 21 de xullo, con varios pasarrúas e con agrupacións chegadas dende Portugal, Asturias, Ourense ou Gran Bretaña. 

As charangas recorrerán as rúas da localidade e farán parada na Residencia de Santa Mariña e no Centro Sociocultural para que os maiores disfruten do evento.

Te puede interesar