ENCONTRO

O Sindicato Labrego Galego celebra este sábado un encontro para dinamizar á xuventude do medio rural

Unha das actividades máis importantes do encontro será o intercambio de experiencias entre as persoas participantes, así como a visita á granxa de Samuel Formoso para adquirir novas visións.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) celebrará este sábado no albergue de As Corcerizas, situado en Vilar de Barrio (Ourense), un encontro coa xuventude do medio rural que busca dinamizar a este sector "en busca de alternativas".

Un dos seus organizadores, Alberte Lamazares, vinculou esta iniciativa, chamada `Aldeas Revoltas`, aos encontros mantidos ao longo do verán con mozos do ámbito rural de distintas bisbarras galegas, tras as que o sindicato ten "un coñecemento bastante completo das súas inquietudes e problemáticas particulares".

"Dende o SLG percibimos que a xuventude labrega que cre nun modelo agrario alternativo ao imperante carece de foros ou estruturas organizativas a través das que poder expresarse e defender os seus posicionamentos", dixo Lamazares.

Unha das actividades máis importantes do encontro será o intercambio de experiencias entre as persoas participantes, así como a visita á granxa de Samuel Formoso para adquirir novas visións.

Te puede interesar