Os socialistas lamentan o abandono dunha ruta no Irixo

Nas dúas rutas gastáronse uns 100 mil euros.

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, critica ao goberno local pola "falta de mantemento e limpeza da ruta de sendeirismo do concello e dos perímetros de seguridade da maioría dos pobos", segundo declara. O Concello do Irixo gastou no pasado exercicio 50 mil euros na construción dunha ruta de sendeirismo coñecida coma ruta dos castros, e "lamentamos desde o grupo socialista que ese gasto non se aproveitara para recuperar antigos camiños e congostras de comunicación entre pobos e lugares".

Iago Fariñas engade que o concello tamén aprobou recentemente o acondicionamento doutra ruta de sendeirismo por valor doutros 50 mil euros adxudicada á empresa Coviastec, "en detrimentro das empresas do Irixo", o que califica como un "despilfarro máis e unha falta de planificación e bo goberno, gastar máis de 100 mil euros en rutas de sendeirismo, para despois deixalas abandonadas mentres no Concello do Irixo existen pobos que non teñen auga corrente nin rede de alcantarillado"

Por ese motivo, sinalan que "consideramos que é un despropósito e que deberían investirse eses cartos en satisfacer necesidades máis apremiantes dos veciños do Irixo, xa que se se fai un gasto e non se conserva son cartos tirados que se poderían aproveitar para outras necesidades", conclúe o portavoz.

Te puede interesar