XORNAL ESCOLAR

Terror si, pero moita diversión

photo_camera Centos de persoas acudiron á gran festa organizada na Praza Maior, con animación e baile a cargo de Crassh Stage!

Ademais das celebracións nos centros de ensino, colectivos e asociación, o Concello de Ourense organizou un amplo abano de actividades para conmemorar por todo o alto o Samaín.

 Vestidos cos traxes máis terroríficos e maquillados tamén para a ocasión, centos de nenos comezaron a xornada festiva máis terrorífica do ano cun obradoiro de baleirado de cabazas na Praza Saco e Arce. O toque musical da celebración presentouse co obradoiro de rítmica, percusión e beatbox, na Praza da Imprenta.

Nese momento nenos e nenas amosaron as súas habilidades musicais, mentras outro grupo, neste caso na Praza Manuel Sueiro, participaban no obradoiro de maquillaxe ou no de caracterización de feridas espeluznantes, que tanto lle encantou aos cativos. Para completar os obradoiros, a Praza de Manuel Sueiro tamén acolleu un de creación de chapas. 

O momento máis agardado da festa do Samaín chegou ás sete da tarde e foi cando se iniciou o desfile de cabazas. Centos de nenos e nenas percorreron as rúas da cidade amosando os seus magníficos traballos. Para rematar esta intensa e terrorífica xornada, a Praza Maior acolle a celebración final con baile e festa a cargo de Crassh Stage.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma