COLE A COLE

Tesouros e segredos dos franciscanos

Frei Xan, o Farrapeiro, nun intre dunha das explicacións. Colegio Divina Pastora.
photo_camera Frei Xan, o Farrapeiro, nun intre dunha das explicacións.

Un grupo de escolares do colexio Divina Pastora, de 2º de ESO, participaron nunha actividade didáctica polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense e o Claustro de San Francisco.

Xoana, a lavandiera, e Frei Xan, o Farrapeiro foron os encargados de achegar nesta ocasión aos escolares do colexio Divina Pastora "Franciscanas", aos tesouros que garda o Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Este é un dos obxectivos do obradoiro "Os segredos dos franciscanos", que leva anos presentándose na cidade e involucrando aos máis novos, a través de personaxes de fición, na historia da orde na provincia. 

Ao inicio da actividade coñeceron os documentos que alberga a exposición "O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense". A actividade resultou do máis dinámica e os escolares, nesta ocasión de 2º de ESO A, un total de 23 alumnos e alumnas, participaron de xeito moi activo nesta actividade a través de xogos e probas. Tras adentrarse na habitación que garda os fondos documentales, realizaron un paseo por puntos destacados da cidade que están relacionados cos franciscanos. Así, detivéronse na praza do Trigo e na do Correxidor. Nesta última estivo ubicado o convento dos primeiros frailes da orde que se asentaron en Ourense no ano 1928. O alumnado, moi implicado no tema e fascinado por todos os coñecementos que estaban a adquirir finalizaron a actividade no claustro de San Francisco. Neste último punto da visita e coa axuda de documentación e da man dos personaxes ficticios, descubriron aspectos da cultura e do modo de vida na cidade durante os diferentes séculos, comenzando coa fundación dos conventos franciscanos na provincia e a súa actividade nos séculos XIIO e XIX, a exclaustración e desamortización do XIX. a restauración dalgunhas comunidades e todo o legado que deixaron nos conventos de Allariz, Monterrei, Ourense, Ribadavia, etcétera. 

O obxectivo final desta actividade didáctica non foi outro que dar a coñecer aos escolares o parte do patrimonio cultural e que o sintan seu para así poder valoralo, respetalo e coidalo como se merece. 

Se nesta ocasión foron os escolares de 2º de ESO A os que participaron na actividade, xa o fixeron con anterioridade os grupos de segundo B e C que atopan neste tipo de visitas didácticas o complemento perfecto ao estudado anteriormente na clase de historia. Os escolares coinciden así en sinalar o interesantes que resultan este tipo de actividades onde aclaran moitas dúbidas e adquiren conceptos que non esquecerán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar