ATLETISMO

Unha San Silvestre de "récord" en Ourense

A tercera edición da carreira popular, que despide o ano, confirma o seu tirón coa inscrición de 1.112 atletas 

A III edición da Carreira da San Silvestre, que terá lugar o 31 de decembro polas rúas da cidade, acada este ano cifras récord de inscrición, xa que ao peche da convocatoria apuntáronse un total de 1.112 atletas. 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que esta cifra “confirma a boa resposta que os ourensáns están a dar a esta proba creada neste mandato”. Tamén destaca que esta cifra "supera amplamente o número de participantes das dúas edicións anteriores: a celebrada en 2016, que contou con 881 persoas, e a de 2017, cando foron 896".

Te puede interesar