TECNOLOGÍA

Uso correcto das redes sociais

20171016101632031_result

A experta en Coaching e Formación, Luz González Rivera impartiu a charla “Quen ben che quere non che fará chorar” no Auditorio Municipal de Verín, que tratou con nenos e adolescentes cuestións relacionadas coas redes sociais, a súa orixe e o seu correcto uso.

A actuación formativa enmarcouse dentro do conxunto de actividades programadas dentro do novo Plan de Mocidade proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

Esta actividade, impartiuse en dúas sesións. A primeira dirixida a nenos de 9 a 15 anos; e a  segunda, aos alumnos dos institutos verineses. O principal obxectivo destas charlas é dar a coñecer aos máis novos as diferentes posibilidades e beneficios que nos achegan as redes sociais así como os perigos, como pode ser o ciberacoso, aos que se expoñen se non se fai un uso responsable das mesmas.

O martes 30 de outubro, e tamén enmarcada dentro do Plan de Mocidade, Javier Talegón, Experto Universitario en Xestión e Conservación de Flora, Fauna e Espazos Protexidos, impartirá a charla “A posta en valor do medioambiente e dás nosas especies autóctonas”. Nesta xornada, Talegón ofrecerá a nenos e adolescentes unha presentación sobre diferentes temáticas (ecoloxía, bioloxía, conservación, anatomía, funcións ecosistémicas, etc.), un taller para coñecer ao lobo e abordará os mitos, realidades e beneficios económicos asociados ao medioambiente e  ou turismo natural.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma