astronomía

A ceo descuberto en A Veiga

A localidade acollerá as V xornadas de astronomía dos próximos 14 ao 16 do mes de setembro

A localidade de A Veiga, convertirase no epicentro da astronomía da comunidade dos próximos 14 ao 16 de setembro ca celebración do evento "AstroTrevinca 2018". 

Baixo o lema "V xornadas de astronomía no mellor ceo de Galicia", locais e visitantes, formados na materia ou totalmente alleos, poderán achegarse á observación do ceo nocturno da man de diversos expertos. 

A presentación da actividade, que tivo lugar na mañá de onte no Pazo Provincial, estiveron presentes Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Juan Anta, alcalde de A Veiga; e Óscar Blanco, coordinador das xornadas. O evento estase a convertir, tal e como sinalou Fernández, "nun evento de referencia no eido da astronomía" en Galicia. Por outra banda, o vicepresidente provincial destacou que "non é só unha cita para investigadores e profesionais da materia, senón que tamén está dirixido a todo o público en xeral". 

Juan Anta, pola súa parte, quixo destacar que esta quinta edición supón a consolidación dun "proxecto estrela", e destacou que "o cumio de todo este proxecto é a construción do Observatorio Astronómico de Trevinca, que comezará en setembro". O obxectivo do mesmo non é outro que o de aproximar esta disciplina á poboación e "que todo o mundo poida gozar do ceo da Veiga e do seu entorno, ademais de ter unha parte tamén científica", en palabras do propio alcalde da localidade. O coordinador das xornadas puxo de manifesto que a primeira das edicións serviu para poñer sobre a mesa as iniciativas e proxectos  que se están facendo na comunidade galega neste eido, e remarcou que A Veiga é un destino perfecto para a observación do ceo. "A súa baixa contaminación lumínica, a súa climatoloxía, onde hai máis noites e días despexados ao ano, e a súa gran altitude fan que a atmósfera mostre as súas mellores condicións", explicou. 

Os interesados en participar poderán anotarse a través do 988 350 130 ou do correo [email protected].

Te puede interesar