AUGAESCOLA- VIAQUA

Videoxogos para usar ben a auga

20171018132031062_result
photo_camera Os escolares atendendo a unha charla previa á práctica.

Arquimakers, viaqua 2030 “Creando as cidades da era dixital” é o nome do proxecto educativo

Impulsada por Viaqua, coa colaboración co Concello de Ourense e o centro de innovación “La Molinera”, desenvólvese a iniciativa Arquimakers, Viaqua 2030 “Creando as cidades da era dixital”. Dunha destas actividades foi testigo hai uns días a cámara de Telemiño. Trátase dunha experiencia educativa que pretende concienciar ás novas xeracións sobre a sustentabilidade do recurso da auga como unha prioridade nas cidades do futuro, a través do videoxogo Minecraft. A través dos recursos educativos deste videoxogo, os máis novos (nenos e nenas de 8 a 12 anos) aprenden a construír cidades sostibles, que coiden a auga de forma prioritaria, ao mesmo tempo que se divirten. 

Este programa, que se desenvolve ata o mes de decembro conta con catro bloques formativos con capacidade para 24 plazas cada un, en horario de seis a sete e media da tarde. Todos os interesados en participar só teñen que facer unha inscrición enliña a través da web de La Molinera.

Viaqua impulsa unha experiencia educativa a través do xogo Minecraft

Conchi e o seu equipo compartiron cos escolares unha experiencia do máis divertida da que se pode concluír que é doado e á vez divertido facer un uso responsable de auga.

LATRICAR

Esta semana a sección "Latricar" do programa Xornal Escolar desprazouse ao colexio Santo Ángel de Ourense. Alí, un grupo de cativos e cativos compartiron coas cámaras de Telemiño a súa opinión sobre a pintura. Todos coincidiron en sinalar o moito que lles gusta pintar, pero á hora de escoller unha temática e as cores que prefiren utilizar nos seus debuxos tiñan distintas opinións e as compartiron con Conchi Pérez.

LER  O XORNAL

Ler o xornal, ademais de ser unha sección máis do programa escolar de Telemiño, xa é unha costume para moitos cativos de Ourense. Isto o comproban as cámaras de Telemiño cada vez que acoden a un centro de ensino. Nesta ocasión, tamén no colexio Santo Ángel, gravaron esta sección na que os cativos deron conta das novas máis salientables do día no xornal La Región.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar