MEJORAS

Vilar de Santos investirá 199.000 euros en luces LED

O Concello de Vilar de Santos conta con 19 instalacións de iluminación pública
photo_camera O Concello de Vilar de Santos conta con 19 instalacións de iluminación pública

O Concello prevé unha reducción das emisións de CO2 de 36.411 kilogramos

O goberno de Vilar de Santos vén de conseguir unha importante subvención estatal de 159.545 euros por parte do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía -IDAE- que lle permitirá desenrolar o seu proxecto de renovación das instalacións de alumeado público no concello por un importe total de 199.432 euros.

Para chegar ata este punto, a administración local elaborou en novembro do 2016, un Estudo de Sustentabilidade Ambiental da Iluminación Pública Municipal co obxectivo de comprobar o funcionamento, o estado dos compoñentes, os consumos enerxéticos, os custes de explotación e, sobre todo, para poder determinar as prioridades da actuación e as fases previstas para executalas.

O obxectivo desta mellora será, principalmente, reducir o consumo enerxético, así como o gasto económico. Tamén se procurará adecuar e adaptar as instalacións á normativa vixente, os niveis de iluminación regulamentarios e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Na actualidade, o municipio ten 19 instalacións de iluminación pública, algo que supón o maior porcentaxe de gasto enerxético municipal. Nunha primeira fase, actuarase en Barrio, Vilar de Santos, a travesía de Vilar de Santos a Castelaus, nas Casas da Veiga e no pobo de Castelaus. Substituiranse 300 luminarias de vapor de sodio de alta presión e baixo consumo, por lámpadas con tecnoloxía de semicondutores LED que, na súa fabricación, non conteñen mercurio.

Dende o Consistorio prevén unha reducción de 36.411 quilogramos de CO2 anuais.

Te puede interesar