enrtevista

Villarino: "Sacaremos a esta provincia do camiño sen saída no que se atopa"

photo_camera El nuevo secretario provincial del PSOE, ayer en la sede.

O novo líder do socialismo provincial analiza o resultado das primarias e o futuro do partido 

El ganador de las primarias del PSOE a nivel provincial, Rafael Rodríguez Villarino, tiene 52 años y es uno de los principales baluartes del socialismo ourensano a nivel municipal. Psicólogo de profesión y profesor en la Universidad de Vigo, lleva una década como alcalde del concello de Amoeiro, en las dos últimas ocasiones con mayoría absoluta. Fue claro a la hora de posicionarse en los últimos procesos internos del partido, apoyando a Susana Díaz a nivel federal primero, y postulándose por Gonzalo Caballero en la carrera para la secretaría general del PSdeG después. Ahora compatibilizará su puesto en la ejecutiva gallega con la dirección del socialismo ourensano, con el objetivo de recuperar poder. 

Como queda o PSOE na provincia despois disto?

Todos hoxe formamos un mesmo partido, cun único obxectivo, que é sacar a este provincia da camiño sen saída no que se atopa. Non temos moito tempo e temos que remar todos na mesma dirección. Á xente ímoslles dicir que o clientelismo non está de moda o caciquismo xa non se leva e o que se leva son os plans estratéxicos. O socialismo está de volta, agora temos un partido cohesionado no que tanto a cidade como a provincia xa non están fracturadas por primeira vez en moitos anos. Somos unha candidatura de integración e queremos que se sigan integrando máis persoas. A xente estanos esperando aí fóra e non lles imos fallar.  Ademais, temos moitas ideas para levar todo isto adiante. 

Cal é a folla de ruta a partir de agora?

A partir de xa imos empezar a  traballar arreo, que saiba todo o mundo que estamos aquí. Que esta cidade e esta provincia van ter o orgullo de deixar de ser o furgón de cola en todo o Estado, váisenos coñecer en todas partes. Somos un socialismo con ilusión. Hoxe gañou todo o socialismo de Ourense e de Galicia. 

Haberá premio para Pachi Vázquez?

Isto supón un premio para a integración, é o que supón. Calquera podería estar na executiva, incluída Noela. 

Noela dixo que o gañador das primarias era Pachi e que era unha demostración de que non se quere pasar páxina...

Noela ten que empezar a asimilar algo moi difícil, que é a derrota. Cando un non se integra pasan estas cousas. Sempre se sospeita e se fala mal dos que si se integran. É unha cousa que se lle pasará con tempo, e acabará por superalo, sen dúbida ningunha. 

Te puede interesar