ACTIVIDADES DE VERÁN

Visita a Parada de Sil de amantes da Xeoloxía

<p></p>
photo_camera Participantes na campaña de promoción da Xeoloxía e o patrimonio industrial.

Estes visitantes disfrutaron dos soutos de castiñeiros a redor do Canón do Mao, como as Fragas de Meder e recorreron a canle construída en 1916 para levar auga ás turbinas da central de Barxacoba -A Fábrica da Luz-

O rico patrimonio industrial do Concello de Parada de Sil e o súa orografía constitúen dous elemento máis dos atractivos que están a levar xente ata aquela zona. Neste sentido, o Concello faixe eco da masiva presenza de visitantes que recibiu nos tres días que durou a ponte da Asunción, nos que máis de 1.200 persoas pasaron polo mosteiro de Santa Cristina de Ribas de sil. Entre eles, resalta a presenza dunha viaxe enmarcada na difusión do patrimonio industrial e a xeoloxía.

Estes visitantes disfrutaron dos soutos de castiñeiros a redor do Canón do Mao, como as Fragas de Meder e recorreron a canle construída en 1916 para levar auga ás turbinas da central de Barxacoba -A Fábrica da Luz-, hoxe convertida en ruta de sendeirismo. Os participantes coñeceron datos sobre a erosión do río Mao e os granitos da necrópole de San Victos de Barcaxova, que está pendente dunha subvención da Xunta para poñer ó descuberto un forno de fundición de campás localizado na campaña de escavacións do pasado ano.

Por último, poideron coñecer A Fábrica da Luz, na que se manteñen os poucos restos de arqueoloxía industrial que había na mesma, como 'palomitas' no transformador e a tubería de conducción forzada con entrada ó sitio onde estaban as turbinas, entre outros elementos.

Te puede interesar