POLÍTICA LOCAL

XA censura o mal estado das depuradoras da capital limiá

estacion_bombeo_lamas_result
photo_camera A estación de bombeo de Lamas.

Aseguran que as deficiencias "son moitas" e que os cheiros nestes entornos "son insoportables"

Os edís de Xinzo Adiante, quenes percorreron as distintas estacións depuradoras do municipio limiao, censuran o seu estado actual e sinalan que, en moitos casos, "non están a realizar o labor para o que foron concebidas". 

Dende a formación da oposición aseguran que as deficiencias "son moitas" e que os cheiros nestes entornos "son insoportables". Critican, do mesmo xeito, que algunhas "verten residuos nas canles das pistas nas que están situadas". Por citar algúns casos, comentan, "a estación de bombeo de Lamas está chea de fendas, aberta e o cheiro que hai ao pé dela é pestilente. O mesmo acontece na fosa séptica de Ganade e San Vitoiro, onde a auga que corre polo rego onde está situada é completamente fecal". Sen embargo, manifestan que o caso "máis escandaloso" se atopa en Morgade. "A depuradora está totalmente cuberta polas silvas e por outro tipo de vexetación, ata o punto de que case é imposible ver onde está situada. Tamén esa estación depuradora está vertendo augas fecais no camiño". 

Por todo isto, dende XA solicitarán no vindeiro pleno "a revisión de todas as estacións depuradoras situadas en termo municipal para proceder á súa adecuación". Dende a formación din estar "ante outra mostra de incapacidade do PP".

Te puede interesar