AULAS ABERTAS

O xornal máis interactivo

photo_camera As cámaras de Telemiño visitaron o colexio de Celanova para ser testemuños das actividades que realizan.

O suplemento, que cada mércores publica La Región, recolle as principais actividades escolares de toda a provincia

No curso 2014/2015 Xornal Escolar comezou o que se coñece como segunda época presentando un suplemento con máis seccións, máis protagonistas, máis novas e onde escolares, profesores e pais teñan un papel máis destacado.

O obxectivo do Xornal Escolar é que sexa un xornal de todos, onde os membros da comunidade educativa teñen un papel moi activo. Así, os escolares fan chegar os seus debuxos, as súas redaccións ou simplemente unha reflexión que lles apetece nun momento concreto. Os pais tamén son moi activos no Xornal Escolar e mandan fotos dos seus fillos cando cumpren anos, facendo deporte ou estudando, pero tamén cartas ao director coas súas peticións e reflexións. Os profesores realizan unha fantástica labor dirixindo os escolares no concurso Xornalistas na Escola, pero tamén mandan fotos e textos das actividades que realizan. Por último, diferentes expertos entre eles nutricionistas, dentistas ou psicólogos colaboran semanalmente co Xornal Escolar ofrecendo pautas e recomendacións que son de gran utilidade.

Nos preto de catro anos de andaina do novo Xornal Escolar, xa conseguimos ser un xornal de todos e para todos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar