A LIMIA

Todo listo para esquecerse

Representantes de Civitas Limicorum presentaron o programa para os días 17, 18 e 19 de agosto

Os case 500 socios que compoñen a asociación Civitas Limicorum de Xinzo xa teñen todo preparado para retornar á época dos castrexos e dos romanos os vindeiros días 17, 18 e 19 de agosto. Dous dos seus representantes, Carlos Enríquez e Iván Prado, acompañados polo rexedor en funcións de Xinzo, Manuel Cabas; a deputada provincial e concelleira limiá, Montse Lama e o edil de Cultura e deputado autonómico, Carlos Gómez, presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel a programación completa deste evento, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, no que se conmemorará o paso do río Lethes.

Montse Lama destacou o apoio do goberno provincial para levar a cabo este evento, cunha achega de 15.000 euros que se sumarán ao recadado pola asociación por parte do Concello limiao. Neste senso, o edil Carlos Gómez lembrou que esta festa "é froito dun esforzo colectivo, respaldado pola colaboración institucional, e co traballo da Asociación Civitas Limicorum, que nos agasallan con este evento co que celebraremos a nosa historia a través dunha festa". 

O programa inclúe espectáculos circenses, teatro, mercado de artesanía, xogos para os máis cativos, desfiles que, entre outras iniciativas, atraerán á capital comarcal "preto de 15.000 turistas que habitualmente visitan o municipio ao longo destas tres xornadas", dixo Iván Prado.

Te puede interesar