Miércoles 17 de marzo de 2010
última actualización: 19:21
última actualización: 19:21
Última hora:
A quinta edición do Festival do Teatro Galego no Carballiño presenta na vindeira semana catro espectáculos elexidos pola súa calidade, dos que dous serán estreas. A programación tamén prevé a realización de dous obradoiros, un do manexo dos zancos e outro de impovisación, ademais da gala de clausura, na que se contará con diversas actuacións e a entrega dos premios ó mellor actor, actriz e espectáculo, incorporando como novidade un honorífico que recaerá en Xulio Lago pola súa traxectoria profesional.
O próximo luns empeza o Festival do Teatro Galego no Carballiño, que cumple nesta ocasión cinco anos dende que tomaran as riendas da organización os actores Josi Jage e Jouse García. A Asociación Cultural Fetega asume na actualidade esta responsabilidade, presentando un cartel con espectáculos teatrais de gran calidade que se trasladarán ó escenario ó longo de toda a seman, rematando o festival o venres coa cuarta gala Premios Fetega.
Onte tiña lugar no Concello do Carballiño a presentación desta nova edición, contando coa presenza do delegado do Goberno en Ourense, Rogelio Martínez; o vicepresidente da Deputación, Moisés Blanco; o presidente da Asociación de actores e actrices de Galicia, Vicente Montoto; a concelleira de Cultura, Inmaculada Ucha; o actor Ernesto Chao, e Josi Lage dende a organización.
O festival ofrecerá este ano dúas estreas, tal e como adiantou Josi Lage. Por un lado, Lagarta Lagarta, de cuio elenco forma parte Ernesto Chao, presenta ‘O segredo dos Hoffman’, que abrirá o telón do día 7 de setembro. Por outra banda, Teatro de Ningures tamén elexiu o Carballiño para iniciar a xira co espectáculo ‘Atra bilis’, previsto para o xoves. Completarán o programa Chévere e ‘Testosterona’, o martes, e Teatro Nu e a obra ‘Coa palabra na lingua’, o mércores. Josi Lage anunciou que ademais dos premios ó mellor actor, atriz e espectáculo, haberá un honorífico que se entregará a Xulio Lago, ‘un bo exponente do teatro, que traballa moito pola nosa profesión’, apuntou Lage. Como segunda novidade, a organización porá á venda bonos por 15 euros (cada entrada costará cinco euros). Ademais, haberá obradoiros para aprender a manexar os zancos e de improvisación, éste último financiado pola Asociación de actores e actrices de Galicia.
Rogelio Martínez, en repre sentación da Consellería de Cultura, e Moisés Blanco da Deputación, manifestaron o seu agradecemento á organización por poñer en marcha un certamen que reúne ó mellor teatro de Galicia, según sinalaron. Na mesma línea se manifestou Inmaculada Ucha, mentras Vicente Montoto expresaba a súa satisfacción polo apoio da asociación ó festival.
Ernesto Chao presentaba a obra coa que arrancará a programación na que a maioría dos actores son de Ourense, dirixidos por Rosa Álvarez.