Viernes 30 de julio de 2010
última actualización: 09:10
última actualización: 09:10
Última hora:
Un estudio realizado por unha empresa especializada destaca o baixo coste das vivendas no Carballiño e as súas boas comunicacións. Neste informe basease a campaña de ofertar a vila como lugar residencia, iniciada polas inmobiliarias e o Concello.

Máis de 25 promotores inmobiliarios do carballiño mantiveron onte unha reunión co alcalde Carlos Montes co obxetivo de dinamizar este sector, promovendo campañas na capital provincial e no resto de Galicia, coas que se persigue destacar as excelencias da vila como lugar para vivir. Esta reunión ven precedida dunha serie de traballos realizados polo Concello, que comenzaron antes do pasado verao, tendo en conta a relevancia económica deste sector, así como a importancia de aumentar e fixar población no Carballiño.
Entre as xestions realizadas polo concello estivo a contratación dunha empresa especializada, que mostrou un primeiro borrador sobor das líneas xerales do plan. En primeiro lugar destaca o prezo das vivendas no Carballiño, inferior prácticamente nun 50% nas mesmas condicións que na capital. Este foi un punto que acolleron de bo agrado os promotores, recoñecendo que é a súa principal baza na competencia ca capital.
O borrador destaca as boas comunicacións, que permite estar a menos de unha hora das principais cidades galegas, tendo en conta que eso supón contar con servicios como os aeroportos, pero sen as carencias que supón vivir nesas cidades. Asemade, o informe resalta os 15 minutos que separarán a vila de Ourense, unha vez que se inaugure dentro de 15 días o novo enlace con Maside da autovía, pola que tamén se accede a Santiago e a Coruña, sen esquecer a proximidade da de Rías Baixas.
PLAN
Os constructores aportarán ideas
O alcalde e promotores acordaron manter unha nova xuntanza o vindeiro luns, ás 19 horas, na que se asentarán as líneas xerais deste plan de promoción da vila, e se aportarán novas ideas, sobre todo por parte dos promotores. Unha primeira conclusión á que se chegou foi a de centrar principalmente esta campaña na cidade de Ourense, como principal mercado para captar novos veciños.