La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Mín.: -3ºC Máx.: 12ºC
Actual:
12ºC
Meteogalicia
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
DÍA DE SAN MARTIÑO

O magosto, unha tradición con boa saúde

Milleiros de persoas participaron na Alameda dunha festa na que se asaron 1.000 kilos de castañas
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
LR - OURENSE - 12-11-2009

O magosto municipal volveu ser multitudinario, xa que foron centos as persoas que se achegaron á Alameda da cidade para participar na festa por excelencia, na que puideron degustar 1.000 kilos de castañas e con productos para celíacos.

Unha familia oriental degusta as castañas no magosto da Alameda. (Foto: Xesús Fariñas)
Unha familia oriental degusta as castañas no magosto da Alameda. (Foto: Xesús Fariñas)

As castañas chegaron á Alameda da cidade a mediodía. Xa dende ese momento, moitos ourensáns ‘supervisaron’ a preparación do que é xa o magosto por excelencia en Ourense. O que máis xente reúne e o que acada proporcións maiores. Nembargantes, non foi ata as cinco da tarde cando a festa comezou a ser tal e entraron en acción os 1.000 kilos de castañas, 4.000 chourizos e 400 litros de viño que a organización tiña preparada. Ademais, e por segundo ano, os celíacos tiñan a oportunidade de degustar o tradicional ‘bolo preñado’ con pan e chourizo sen gluten, nun ha oferta na que o Concello vai da man da asociación de celíacos de Ourense.

A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, salientaba a grande afluencia de xente, xa que aseguraba que ‘máis de 4.000 persoas consumen os productos, ás que hai que engadir tamén as que veñen e non consumen e as que participan na Praza Maior da Mostra do Patrimonio Cultural. Cremos que haberá máis de 10.000 persoas desfrutando destas actividades’, comentou, ó tempo que lembrou que o magosto é festa de interese turístico desde o ano pasado. Coa concurrencia no municipal e a cantidade deles que onte se celebraron na cidade, sen dúbida o magosto goza de boa saúde.



Magosto municipal.

Pinche aquí para ver más imágenes:
Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: ourensesanmartiñomagostos
Barreiros sinopsis Barreiros trailer