Viernes 10 de febrero de 2012
última actualización: 15:53
última actualización: 15:53
Última hora:
Unha delegación da asociación ‘Camiño Xacobeo Ribeiro-Miñoto’ mantivo en Pontevedra unha entrevista co xerente do Padroado de Turismo das Rías Baixas.
O presidente do colectivo cultural, Castor Pérez, agradeceu a acollida desta iniciativa de recuperación da ruta xacobea do Ribeiro, ‘que recibiu a total adhesión do padroado e o compromiso de financiar un vídeo promocional’.
A informática achégase a 16 ribadavienses
O departamento municipal de Servizos Sociais de Ribadavia organiza dous cursos de iniciación á informática para un total de 16 persoas con dificultades de inserción social. O primeiro comezou o 20 de novembro e rematará o 2 de decembro, mentres o segundo desenvolverase de 4 ó 21 de decembro. As clases impártense no ‘Viveiro de empresas’ en horario de catro a seis da tarde.
‘Fraicellus’ recupera un foro do ano 1164
O salón de plenos da Casa do Concello de Ribadavia acolle na mañá de hoxe a presentación do décimo número do Caderno de Ribadavia, que leva por título ‘O Foro’, un documento expedido en Allariz en febreiro de 1164. As autoras do texto desta publicación, que edita a asociación cultural ‘Fraicellus’, son Amalia López Martínez, María José Losada Meléndez e Ascensión Enjo Babío.